Traslado de dominios gratis
Ofrecemos un servizo de traslado de dominios transparente e eficaz; ademáis agora traslade calquera tipo de dominio con nós de forma gratuÃta.
Traslade agora o seu dominio
Condicións para o traslado de dominios a Hostigal
O cambio de rexistrador que implica o traslado ou transferencia do seu domino a Hostigal evitaralle preocupacións á hora de xestionar ou renovar o seu dominio. Importante: teña en conta que as persoas autorizadas para realizar o traslado de dominio serán o titular ou o contacto administrativo, sendo fundamental que a conta de correo do contacto administrativo se encontre activa para poder formalizar o proceso. Sen esta autorización, non será posible completar o cambio de rexistrador .
Dominios xenéricos e .es
Dominios ".es" ".com.es" ".org.es", ".nom.es", "gob.es" e ".edu.es":
Este tipo de dominios poden trasladarse sen cumplir ningún requisito especial.
Dominios ".com," ".net", ".org", ".info", ".biz"
Deberanse cumplir as seguintes condicións:
- *O dominio non deberá encontrarse expirado
- *Deberán ter pasado polo menos dous meses dende a data de rexistro do dominio
- *Deberá quedar polo menos un mes para que caduque o dominio
- *Deberá solicitar ao seu actual rexistrador o código de autorización denominado "Auth Code" que deberá facilitar durante o proceso de traslado .
Nota: o custo desta tramitación implica a renovación por 1 ano en concepto de "gastos de xestión" .
Dominios .eu
Unha vez feita a súa solicitude de traslado, EURid enviaralle un correo electrónico automático requirÃndolle confirmar a transferencia a través dunha páxina web .
Unha vez que a transferencia se efectúe, o nome de dominio terá un novo prazo de vixencia que comezará o dÃa en que se realizou o traslado e finalizará ao seguinte ano natural, o último dÃa do mes en que se fixese o traslado .
Nota: o custo desta tramitación implica a renovación por 1 ano en concepto de "gastos de xestión" .
Dominios .cat
Se desexa realizar un traslado deste tipo de dominios, antes de completar o noso proceso deberá solicitar ao seu actual rexistrador o código de autorización "Auth Code" .
Unha vez completado o proceso, o contacto administrativo do seu dominio deberá realizar unha dobre confirmación vÃa correo electrónico, tanto ao rexistrador de orixe coma ao novo rexistrador, momento a partir do cal o traslado se fará efectivo.
Todos os dominios rexistrados incluen ademáis:
- Activación inmediata
- Xestión de renovación
- Redirección de correos
- Xestión DNS
- Parking gratuito
- Xestión de contactos
- Pago por tarxeta
- Panel de control





