Condicións e características de utilización do servizo de correo electrónico (email)
Os usuarios do servizo de correo electrónico de HOSTIGAL deberán coñecer e actuar con observancia ás condicións xerais do servizo contratado. Nesta liña, débense ter en conta as seguintes normas de bo funcionamiento:
- É imperativo protexer as claves asociadas a diferentes contas de correo electrónico. En caso de filtración, pérdida ou roubo destas, o cliente deberá informar oportunamente a HOSTIGAL respecto ás mesmas.
- HOSTIGAL non responderá respecto do uso doloso por parte de terceiros da conta de correo electrónico, nin por utilizacións indebidas por parte do cliente deste servizo.
- HOSTIGAL colaborará activamente na investigación de ilícitos civís e penais entregando, cando sexa así requirido polas forzas de seguridade do estado ou órganos xurisdicionais, toda información necesaria para a aclaración destes. Está polo tanto prohibido o envío a través do correo electrónico de contidos ilegais tales como contidos considerados como piratas, pornografía infantil, estafas, ameazas ou apoloxías do terrorismo.
- HOSTIGAL prohíbe ao mesmo tempo calquera actividade realizada a través do correo electrónico que supoña o seu uso abusivo e teña consecuencias prexudiciais no servizo, tales como envío masivo de mensaxes ou de información publicitaria non requirida, xa que pode derivar en atoamentos do servidor que prexudiquen a terceiros.
É vontade de HOSTIGAL que o servizo que ofrecemos se desenvolva do xeito máis eficaz e axeitada posible aos intereses dos nosos clientes. Por iso adquirimos o compromiso de velar polo seu correcto funcionamento e aplicar as melloras correspondentes e periódicas que contribúan á evolución das prestacións ofrecidas.
Na mesma liña HOSTIGAL encargarase de impedir calquera conduta ilícita ou prexudicial para o noso servizo, interna ou externa, procedendo á erradicación destas accións. Calquera usuario que incorra en tales actividades recibirá unha advertencia de HOSTIGAL para que cese na súa realización, procedendo á cancelación do servizo ou dos servizos prestados se non se detén tal comportamento.





