Garantía de Hosting ou Aloxamento Web

A garantía de servizo sobre a dispoñibilidade de acceso ao sitio web é resultado do cálculo de porcentaxe que o sitio web é accesible por terceiras partes vía HTTP durante o mes en curso e cuxo cálculo é cuantificado por hostigal a través dos seus sistemas de monitorización e xestión.

Nivel do servizo

Hostigal comprométese en manter o contido do sitio web dispoñible a terceiros o 99,5% do tempo cuantificado, sendo o obxectivo do noso servizo conseguir o 100% da dispoñibilidade de acceso.

Garantía de dispoñibilidade dos servizos

Hostigal garante unha dispoñibilidade dos servizos, polo menos do 99,5% mensual. Esta garantía non cobre interrupcións debidad a:

  • Mantementos programados: na medida do humanamente posible, se lle notificará con antelación ao USUARIO todas as medidas que precisen un tempo de inactividade planificado e porá todo o seu empeño en reducir, ao mínimo indispensable, calquera molestia para o USUARIO.
  • Os recambios de hardware por tempo inferior a 12 horas.

Se Hostigal non lograse alcanzar o/os obxectivo/s anterior/es, o USUARIO poderá reclamar unha compensación según o establecido na táboa seguinte:

Dispoñibilidade do sitio web Compensación
<99,5% 0%
<99,0% 5%
<95,0% 25%
<90,0% 50%

Vostede debe solicitar a devandita reclamación nos 10 días hábiles dende que sufrió a devandita falta de servizo, enviando un correo electrónico a soporte@hostigal.com indicando:

  • Dominio afectado, datas e horario de falta de servizo e toda aquela documentación que sexa requirida para avaliar a garantía .

A compensación verase reflectida na seguinte facturación. Os tempos de non-dispoñibilidade dos distintos servidores serán por cada servizo contratado .

Garantía de provisión de suministro eléctrico

Hostigal garante a provisión permanente de alimentación dos seus servidores. Se a dispoñibilidade mensual se vise reducida ás cifras que se detallan a continuación, o USUARIO tería dereito a reclamar unha compensación ao final do mes do total dos servizos afectados na proporción seguinte:

Dispoñibilidade do sitio web Compensación
De 0,5 a 1 horas 2,5%
De 1 a 1,5 horas
5%
Máis de 1,5 horas 7%

Esta garantía non cobre as interrupcións debidas a:

  • Actos ou omisións do USUARIO, ou debidos a calquera uso ou usuario autorizado por éste.
  • Causas de forza maior.

Garantía de diagnóstico e resolución de incidencias

O tempo combinado de resposta e diagnóstico das incidencias non será superior a 12 horas. O horario de incidencias será de 24 horas ao día, 7 días da semana, 365 días ao año. A continuación detállanse as cantidades obxecto de reclamación:

Dispoñibilidade do sitio web Compensación
De 0 a 12 horas 0%
Máis de 12 horas 5%
Pechar Chamámolo gratis Chat