Protección de datos persoais e tratamento de datos aloxados
A continuación mostrámoslle as principais políticas e condicións de uso que levamos a cabo:
O acceso e visita á nosa web non implica en modo ningún obligación do usuario a facilitar ningunha información nin dato de carácter persoal. Só no caso de que o usuario desexe contratar ou recibir información personalizada sobre algún dos servizos que Hostigal ofrece, será necesaria a aportación dos devanditos datos.
Datos Persoais achegados a Hostigal: nome fiscal/nome persoal, nif/cif, dirección, localidade, cp, provincia, país, teléfono, fax, email, número de conta bancario .
Os datos de carácter persoal achegados como cliente serán tratados coa máxima confidencialidade e pasarán a formar parte dun ficheiro de titularidade de Hostigal coas finalidades de arquivo, comunicacións comerciais e contratación dos servizos informáticos que Hostigal ofrece, como o rexistro de dominios, plans de aloxamento web, solucións de correo electrónico, servizos dedicados administrados, deseños de páxinas web, soporte técnico, mantemento de hardware, mercadotecnia on-line, web SMS, faxtomail, backup on-line ou web fácil. Esta aportación é necesaria se vostede pretende contratar calquera servizo de Hostigal, e en ningún caso serán comunicados a terceiros sen o seu previo consentimento. Como titular dos datos poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de acordo coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Estes dereitos e a oposición ao tratamento dos seus datos poderá exercitalos dirixíndose mediante correo postal á dirección C/ Rosalia de Castro 31 entreplanta dereita, Milladoiro, Ames (A Coruña). CP: 15895, ou mediante correo electrónico a correo@hostigal.com.
Datos personais aportados por terceiros a través da plataforma de Hostigal:
Se a través da nosa plataforma vostede se formula a recollida e o almacenamento en ficheiros de calquera información concernente a persoa físicas identificadas ou identificables, debe atender á seguinte información para a correcta adecuación desta actividade á lexislación española. Hostigal non será responsable do uso dos datos recollidos por terceiros.
A Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) ten por obxecto garantir e protexer, no que concirne ao tratamento de datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente a súa honra e intimidade persoal e familiar.
Esta Lei establece as obrigas que os responsables dos ficheiros e os encargados dos tratamentos han de cumprir. Responsable considérase á entidade ou persoa que decide sobre a finalidade, o contido e o uso do tratamento dos datos persoais. Como responsable do ficheiro ten unha serie de responsabilidades establecidas na Ley:
A baixa pode solicitarse por dúas vías:
- Mediante un e-mail a admon@hostigal.com
- Enviando un fax ao número 902 010 274





