Sistema de facturación

A continuación detállanse as políticas financeiras e sistema de facturación de Hostigal:

  • Periodos de facturación: O aloxamento será facturado de acordo coa periodicidade elixida polo cliente na contratación: mensual ou anualmente; e sempre ao inicio de cada un dos períodos e unha vez comprobado o pagamento. No caso dos rexistros de dominio a facturación realizarase unha vez sexa procesado o pedido e comprobado o pago.

  • A primeira factura: A contratación dun plan de aloxamento en Hostigal realízase por un período mínimo dun mes, que será facturado no momento da alta. A seguinte factura emitirase unha vez consumido este período inicial.

  • Formas de pagamento: Admítense diversas formas de pagamento en función do tipo de produto contratado. O rexistro de dominio poderá abonarse mediante tarxeta de crédito ou transferencia. A comprobación previa do cobramento é indispensable para procesar os pedidos. O pagamento dos rexistros solicitados entre as 19:30 h. do venres e as 9:00 h. do luns non aseguran a posesión efectiva do dominio. Os plans de aloxamento pagaranse de forma regular á emisión da factura mediante domiciliación bancaria. A devolución inxustificada dos cargos será causa abondo para a suspensión do servizo por parte de Hostigal. Hostigal resérvase o dereito de repercutir os gastos derivados das devolucións resultado do impago.

  • Garantías: Revise a sección de Políticas para coñecer que garantías se ofrecen en función do producto contratado.

  • Solicitude de baixas (aplicable aos servizos de dominios, correo e aloxamento compartido): a solicitude de baixa débea realizar a persoa de contacto do servizo polo menos 10 días antes do consumo do año en servizo. Non se considera baixa ao cambio da información DNS do dominio asociado ao servizo.

Ten dereito á baixa dos datos personais que nos proporcionara, así como ao acceso, rectificación ou oposición de estos datos. Para exercer o seu dereito pode dirixirse, acreditando a sú indentidade, a lopd@hostisoft.com ou a través de correo postal a: C/ Rosalía de Castro, 31 entreplanta derecha - Milladoiro, Ames (15895) A CORUÑA

Pechar Chamámolo gratis Chat